 |
Marinenses.com . "Opina sobre lo que ocurre en Marín, Tu también tienes voz".
Foros de DescubreMarin.com
IMPORTANTE: Debido al Spam ( mensajes publicitarios basura ) todo el que quiera participar en los foros por favor que se registre, es gratuíto y anónimo.
|
| Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
| Autor |
Mensaje |
Gandalf
Registrado: 25 Oct 2006 Mensajes: 175
|
Publicado: Jue Oct 23, 2008 3:08 pm Asunto: O proxecto do polígono industrial do Barbanza |
|
|
O proxecto do polígono industrial do Barbanza: manual práctico de como non se deben facer as cousas
Outubro 23rd, 2008. Por Verdegaia en Xeral
Verdegaia ven de presentar, diante da Consellería de Vivenda e Solo, alegacións ao Proxecto Sectorial do Parque Empresarial da Barbanza; solicitando a súa retirada polas graves carencias que presenta. Estas fan referencia á depuración das augas, ao seu subministro, á afectación e impermeabilización das concas naturais, á afectación da paisaxe e a contorna natural, e á falta de medidas preventivas da contaminación.
No que ás augas se refire:
* non se contempla unha depuradora específica para o polígono, limitándose a mencionar a posible ampliación da EDAR existente
* non se planea o subministro da demanda extra de auga que se vai precisar, especialmente nos períodos estivais, cando aumenta substancialmente a poboación na bisbarra
* prevé impermeabilizar unha enorme superficie de terreo, sen ter planificado un sistema axeitado de recollida das augas pluviais
* vai estragar cinco nacentes do río Esteirón nunha lonxitude de 500 metros cada unha.
Da lectura do proxecto, e da abundancia de normas referidas a centros comerciais para a zona de servizos, despréndese a intención de crear unha gran área comercial no punto de maior impacto paisaxístico, na zona de Moldes, de gran valor etnográfico. Nesta zona, permítese a máxima altura de construción, e carece totalmente de zonas verdes no límite do parque que sirvan de apantallamento natural. A creación dunha zona comercial, nin está xustificada, nin entra dentro dos obxectivos dun polígono industrial. Este tipo de centros comerciais corresponden a un modelo de comercio obsoleto e descentralizado que non contribúe ao desenvolvemento das pequenas empresas locais, e que fomenta o uso do automóbil privado como medio de transporte. De ser este o destino previsto para estas parcelas, deberíase informar con claridade aos posibles sectores afectados (pequeno comercio e hostalería local).
O proxecto non contempla medidas eficientes de aproveitamento de enerxías renovables, de reutilización das augas ou aproveitamento da chuvia, e déixase o aforro de enerxía en mans do empresariado, falando de que “o aforro en electricidade depende en gran medida dun consumo responsable“.
A mobilidade no parque garántese soamente mediante o uso do automóbil privado; e a única medida que se contempla para fomentar o uso do transporte público é a “reflexión” (non se indica por parte de quen). Finalmente o control da contaminación atmosférica déixase tamén na man da industria, a quen soamente se prevé inspeccionar unha vez cada dous anos.
Xulgamos que o modelo de parque industrial proposto atenta contra o modo de vida das xentes da Barbanza, xa que podería ter un impacto moi negativo na incipiente (pero tamén dun gran potencial) actividade turística da zona, e na pesca e o marisqueo de toda a Ría de Arousa, que hoxe en día dá traballo a miles de persoas. Tamén atenta contra a biodiversidade, xa que unha actuación irresponsable podería afectar ao Parque Natural de Corrubedo e ás augas da Ría de Arousa.
Verdegaia está pola sustentabilidade do Barbanza, mais miramos cara un futuro que vai máis aló das vindeiras eleccións, porque a nós tamén nos preocupa o futuro das nosas netas e netos; e porque, onde vivimos, a nós si nos importa. _________________ non che hai terra como ela |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
Cibervisión Networks no se hace responsable de los comentarios que aquí se muestran siendo únicos responsables los creadores de los mismos.
|